Versión en español English version
PROMOTORES
Dra. Pilar Pérez Saavedra
Vigo, 1950. Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1976). Especialista en Medicina de Empresa (1979) e Medicina do Traballo (2003), entre outras titulacións. Foi membro da Sociedade Galega de Medicina e Seguridade no Traballo e da Sociedade Española de Medicina Preventiva e Hixiene Hospitalaria. Nos seus máis de corenta anos de carreira profesional como médico, desempeñou diversos cargos de responsabilidade no Hospital Povisa de Vigo, xubilándose en 2015 como Xefa de Servizo de Saúde laboral.
Presidenta da Asociación.

Gonzalo Fernández-Turégano Pérez
Madrid, 1976. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense (1999) e Master en Business Administration por IESE (2015). Coleccionista de arte afeccionado, cursando o grao de Historia da arte (UNED). Avogado colexiado desde 1999, comezou a súa carreira nos bufetes internacionais Clifford Chance e DLA Piper. Na actualidade é managing director e responsable de clientes Europa en BBVA Corporate & InvestmentBanking (CIB), así como membro do patronato da Fundación Balia pola Infancia.
Vicepresidente primeiro da Asociación.

Gustavo Pascual Hermida
Vigo, 1965. Licenciado en Xeografía e Historia, especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía, pola USC. Profesor de Xeografía e Historia de Ensino Secundario. Autor do blog Más que Petroglifos (2011) e Más que Petroglifos 2 (2016). Colaborou en diversos proxectos arqueolóxicos, impartindo conferencias sobre os seus traballos de investigación e divulgación centrados no sur de Galicia.
Vicepresidente segundo da Asociación.

Marta Eizaguirre Cavestany
Madrid, 1976. Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense (1999) e Máster en Asesoría Xurídica de Empresas por ICADE (2000), así como European Financing Advisor por EFPA. Comezou a súa carreira como avogada en Pérez-Llorca Abogados, especializándose en dereito empresarial e fusións e adquisicións, cun período de estancia en Dewey Ballantine en Nova York. Na actualidade é socia de Abante Asesores e responsable do seu departamento xurídico.
Vogal e secretaria da Asociación.

Mª del Carmen Pérez Saavedra
Vigo, 1948. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1973). Procuradora dos Tribunais polo Ilustre Colegio de Abogados de Madrid, especialista en preitos civís e mercantís.
Medalla de prata da Cruz Roja Española.

Gony Zubizarreta
Bos Aires, 1985. Gony Zubizarreta é un dos mellores surfistas profesionais de España e o mellor surfista galego de todos os tempos. Nado en Arxentina, a súa familia estableceuse no Val Miñor cando era un neno, onde se converteu nunha estrela emerxente do surf, chegando a gañar no 2002 o ISA Junior World Championship.
Na actualidade compite no circuíto mundial ASP e na Liga MEO en Portugal (competición que gañou en dúas edicións). É membro do equipo nacional de surf (gañando o Campionato do Mundo ISA no 2018) e foi candidato para representar a España nos Xogos Olímpicos de Tokio.

José Ramón Vizmanos
Madrid, 1974. Con máis de 20 anos de experiencia no sector financeiro, é actualmente responsable da área de Global Client Coverage de BBVA Corporate & Investement Banking (CIB). É membro do Comité de Dirección de CIB. Incorporouse ao Grupo BBVA no ano 2000, na área de project finance e, desde entón liderou diferentes unidades de negocio en Madrid, Londres e Nova York. Dirixiu a área de CIB Latinoamérica e o negocio Global de Cross Border no CIB.
Anteriormente, foi responsable do negocio de Structured Finance en USA e do sector Infraestrutura de clientes corporativos en España. Antes de unirse ao BBVA, traballou en ExxonMobil. Licenciado en Economía pola Universidade Complutense de Madrid e MBA por IE Business School.

Alejandro (Jaji) Iglesias Fusté
Vigo, 1982. Empresario e exsurfista profesional. Jaji foi un dos primeiros surfistas españois en competir internacionalmente de maneira profesional. Viaxou ao redor do mundo e viviu de maneira estable en Australia e California.
É colaborador habitual das principais publicacións do sector. Foi presentador do programa de TV “Ojo de Pez” e director do equipo Volcom. Fundador da páxina web Cerveza Salada, e do Club e Escola de Surf de referencia do Val Miñor: Vigo Mafia Surf Club e La Conservera del Surf, así como dunha axencia de eventos relacionada co Surf, a Axencia Spanksys.

José Manuel Gómez Vidal
Sevilla, 1974. Xestor cultural e programador, é licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Sevilla, con estudos na Università di Perugia (Italia), e Máster en Xestión Cultural pola Universidade de Barcelona. Tras desenvolver un programa de recuperación do patrimonio en Fundación Tres Culturas del Mediterráneo, e proxectos de cooperación internacional en Fundación Cajasol de Sevilla, traballou como xestor cultural na Consellería Cultural da Embaixada de España en Colombia.
Desde 2011 traballa na empresa pública Acción Cultural Española, AC/D, como responsable da Área de cine. Anteriormente traballou na SEEI, Sociedad Estatal para Exposicións Universais. É director e guionista da película documental “Murillo, el último viaje”, con gran percorrido nacional e internacional.

Antonio Sáenz-Díez Pérez
Vigo, 1981. Licenciado en Administración de Empresas. Master en Business Administration polo Instituto de Empresa.
Desenvolveu a súa carreira no mundo das finanzas e a xestión en empresas como Carolina Herrera e Mahou.

Diego Torrado
Vigo, 1978. Enxeñeiro agrónomo, pero de profesión navegante profesional. Comezou a navegar con nove anos no Real Club Naútico de Vigo e nunca máis poido separarse do mar. Integrante de equipos míticos como o TP52 CAM de S.M. o rei Don Felipe VI ou BAR (BEN AINSLIE RACING) de Copa América. A súa vez, foi Project manager de Reb Bull Youth Americas Cup, shoremanager do equipo de Volvo Ocean Race VESTAS 11TH HOURS, conseguindo o seu máximo éxito como Boat captain do equipo Volvo65 ABU DHABI, gañador da edición da Volvo Ocean Race 2014-15, sendo un dos únicos tres españois con este trofeo.
Na actualidade, na súa terceira participación na regata oceánica OCEAN RACE co equipo VIVA Mexico.

Esperanza Fernández-Turégano Pérez
Vigo, 1974. Licenciada en Bioloxía, especialidade Bioloxía e Conservación de espazos naturais, pola Universidade de Vigo (2002) e Máster en Calidade, Medio Ambiente e Prevención de Riscos Laborais, especialidade Seguridade no traballo, por CIP (2003). Especialidade en Hixiene industrial por Academia Abrente (2003) e Especialidade en Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada por Formastur (2006). Auxiliar de Farmacia pola Universidade Camilo José Cela (2016).
Comezou a súa carreira profesional no sector da automoción, pasando a Biofarmacéutico, tratamento de augas residuais e xestión de residuos.

Álvaro Bruzon
Vigo, 1981. Avogado especializado en inmobles e comerciais. Desenvolveu gran parte da súa carreira nos despachos de avogados internacionais Squire Patton Boggs e Linklaters, asesorando a clientes nacionais e internacionais nalgunhas das operacións máis relevantes do mercado español. Tras ocupar o cargo de director do departamento xurídico e secretario do consello de administración de Bimba e Lola, Álvaro é actualmente socio da firma West Oak Partners -con sede en Vigo- e socio de Ambar Partners. Tamén colabora con algunhas escolas de negocios, como profesor de fusións e adquisicións.
Ademais, foi recoñecido polo directorio Best Lawyers na área de Corporate and Mergers and Acquisitions Law e nomeado como un dos mellores corenta avogados de menos de corenta anos.

Fernando Flores González
Madrid, 1975. Licenciado en ADE pola UCM e Master en Dirección comercial e Márketing polo IE. Desenvolveu se carreira como director comercial en diferentes sectores, desde a construción, gran consumo, industrial e servizos. Fundador de LUMARDI Desarrollos Comerciales, SL, empresa dedicada ao asesoramento para importacións, fabricacións OEM e distribución de produtos en exclusiva.

Alfonso Pérez
Licenciado en Marketing e Publicidade na Escola Superior de Estudos de Marketing e MBA en Novas tecnoloxías e en e- commerce pola Universidade San Pablo- CEU. Traballou en labores de Marketing no Banco BANIF, pertencente ao Grupo Santander, que abandonou para crear a súa primeira empresa con tan só 24 anos. Actualmente, é CEO e socio maioritario de Hugworld International Distributions, máis coñecida como Cristalinas.

Gonzalo Gutiérrez de Mesa
Madrid, 1975. Licenciado en Ciencias Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid (1998), Curso avanzado de banca privada polo IESE así como Programa de Alta Dirección de Empresas polo IESE – Universidade de Navarra. Conta con máis de 20 anos de experiencia en banca de investimento, sector inmobiliario e mercado de crédito en Iberia.
Emprendedor apaixonado, fundou NONA Capital en 2021, unha plataforma alternativa de investimento en crédito e sector inmobiliario, comprometida coa sustentabilidade. Anteriormente foi o Managing Partner & CEO de Finsolutia, plataforma Fintech de servicing en Iberia. Comezou a súa carreira en Santander Asset Management & Real Estate e BBVA Banca Privada, fundando Alexa Inmocapital en 2007.

Clara Andrade Pereira
Vigo, 1989. Cofundadora de La Pera Projects, Clara é directora da galería Pablo’s Birthday en Manhattan. Ao mesmo tempo, ocupou o cargo de Head of VIP Relations da feira da arte UNTITLED, ART na súa edición de Miami e San Francisco, institución coa que segue a colaborar. Anteriormente desempeñou postos de dirección en galerías de Londres e Portugal. Un dos seus principais intereses profesionais é tender pontes artísticos entre América e Europa, ademáis do apoio ás propostas máis emerxentes da arte actual.
Licenciada en Historia da Arte pola Universidade Complutense de Madrid, tras diversos cursos de especialización, cursou o programa executivo «International Leadership in Visual Arts Management«, impartido de manera conxunta pola NYU, Universidade de Deusto e o Guggenheim de Bilbao.


ASOCIACIÓN PARA A REPATRIACIÓN DO MOSAICO ROMANO DE PANXÓN
Contacto
¡SÍGUENOS NAS REDES SOCIAIS!
E para calquera dúbida, non dubide en escribir ao noso correo electrónico:
asociacionmosaicopanxon@gmail.com
O a noso WHATSAPP:

Copyright: Asociación para la Repatriación del Mosaico Romano de Panxón ©
NIF: G06951743, con Dirección Rua Ferrador, Num. 11, 36370 Nigrán, Pontevedra.
Se autoriza la reproducción del contenido de la web citando fuente.
Web realizada por Jaime Fernández Eizaguirre – jaimefdez7820@gmail.com