Versión en español English version
O MOSAICO DE PANXÓN, UNHA HISTORIA INCREIBLE…
O mosaico romano de Panxón é unha peza arqueolóxica extraordinaria do século III d. C., única representación do xénero musivario cun tema mariño na contorna metropolitana de Vigo, cun incalculable valor histórico. De grande calidade, representa un peixe, nadando nas augas mariñas, xunto a unhas ameixas e pola súa forma dedúcese que formaría parte dun mosaico moito máis grande, evidenciando a súa vez o alto grao de romanización do sitio do Castro, en Panxón, Nigrán (Val Miñor, Galicia).
Achado neste lugar de xeito casual no s. XIX pola familia Puga, máis tarde pasou (encaixado nunha mesa) á colección da familia Blanco–Cicerón, na cidade de A Coruña, perdéndose o seu rastro trala súa venda en poxa pública e posterior saída de España, ata que hai apenas dous anos un dos socios fundadores da nosa Asociación deu ca peza nunha colección privada de Nova York (Carlton Hobbs) e iniciou os trámites para a súa repatriación ó lugar do que nunca debería ter saído.
O mosaico coincide sen dúbida co referido no seu momento polo especialista da categoría do profesor Acuña Castroviejo (entre outras publicacións “Vigo en su Historia “, paxs. 49 a 53) e foi inspeccionado in situ polo Dr. Carlos Picón, no seu momento responsable da arte antiga do Metropolitan Museum de Nova York (hoxe director da galería Colnaghi da mesma cidade) confirmando a súa antigüidade, orixe e taxación.


UHNA OPORTUNIDADE ÚNICA PARA A REPATRIACIÓN
Ante o extraordinario achado e dispoñibilidade da peza en Nova York, esta Asociación sen ánimo de lucro subscribiu co actual propietario do Mosaico un documento de reserva exclusiva para a súa compravenda, polo importe de 58.000 EUR.
Agradecemos enormemente a Carlton Hobbs o desconto realizado no prezo de venda e a súa constante colaboración para facilitar a operación de repatriación.



A misión desta Asociación é conseguir fondos suficientes para completar o pago ao vendedor, repatriar o Mosaico e ceder o mesmo (en doazón ou préstamo), a aquela institución que mellor garantise a exhibición pública da peza, en todas as linguas cooficiais e en inglés, así coma súa conservación e promoción da romanización do Val Miñor e vixiar o cumprimento de tal fin.
Copyright: Asociación para la Repatriación del Mosaico Romano de Panxón ©
NIF: G06951743, con Dirección Rua Ferrador, Num. 11, 36370 Nigrán, Pontevedra.
Se autoriza la reproducción del contenido de la web citando fuente.
Web realizada por Jaime Fernández Eizaguirre – jaimefdez7820@gmail.com