
Asociación para a Repatriación do Mosaico Romano de Panxón
A misión desta Asociación é conseguir fondos suficientes (58.000 EUR) para repatriar, dende Nova York, o Mosaico de Panxón, e ceder o mesmo (en doazón ou préstamo), a aquela institución da provincia de Pontevedra que mellor garantise a exhibición pública da peza, así coma súa conservación en condicións museísticas, e a difusión da romanización do Val Miñor.
A data do 30 de novembro de 2022, levamos recadados 58.000 Euros. Grazas á xenerosa achega de 40.000 Euros por parte do Concello de Nigrán (aprobada en pleno do 25 de outubro), ALCANZAMOS O OBXECTIVO.
MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!

Historia e Misión
O Mosaico Romano de Panxón é unha peza arqueolóxica extraordinaria do século III d. C., única representación do xénero musivario cun tema mariño na contorna metropolitana de Vigo, cun incalculable valor histórico.

Quen somos
Os promotores desta iniciativa, socios fundadores da Asociación, son persoas oriúndas ou intimamente relacionadas co Val Miñor, profesionais de recoñecido prestixio en diversos campos

Dona agora
Convértete ti tamén en peza clave desta operación de repatriación. Tesela a tesela, entre todos o conseguiremos!
Ademais, podes entrar ao sorteo dunha VIAXE A NOVA YORK para 2 PERSOAS*!
NOSOS COLABORADORES
Manterse en contacto
Correo electrónico: asociacionmosaicopanxon@gmail.com
Contacto telefónico (WHATSAPP):
* Bases en español aquí, na nosa web, e depositadas ante notario.
Copyright: Asociación para la Repatriación del Mosaico Romano de Panxón ©
NIF: G06951743, con Dirección Rua Ferrador, Num. 11, 36370 Nigrán, Pontevedra.
Se autoriza la reproducción del contenido de la web citando fuente.
Web realizada por Jaime Fernández Eizaguirre – jaimefdez7820@gmail.com